

Vigo Ciclábel é unha plataforma pola defensa da bicicleta como medio de transporte activo en Vigo. Está integrada por diversas asociacións como A Golpe de Pedal, Mulleres Bicivisíbeis, Conbici, Verdegaia, ADEGA, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Vigo Histórico e Fridays for Future, ademáis de persoas a título individual.
As vantaxes de usarmos a bicicleta na nosa mobilidade diaria son ben numerosas, xa que a bici é un medio de transporte ecolóxico, inclusivo, non contaminante, barato e rápido nos desprazamentos porta a porta, ademais de que é un medio bo para a saúde e para reducir os niveis de estrés. O seu uso tamén axuda a diminuír o tráfico e as emisións contaminantes, gañando espazo público roubado polo coche así como saúde ambiental.
Tamén consideramos que a bicicleta é o mellor medio de mobilidade activa para moverse dentro da cidade tendo un papel protagonista na loita contra o cambio climático.
Por todos estes motivos, desde Vigo Ciclábel apostamos polos seguintes obxectivos:
Se estás interesada/o nestas propostas e queres participar e pedalear por un cambio na mobilidade en Vigo, non dubides en escribir a vigociclabel@gmail.com ou visitar a páxina de facebook de Vigo Ciclábel.
Tamén podes subscribirte, a través do seguinte formulario, á listaxe de difusión de Vigo Ciclábel para estar ao día de todas as bicicletadas e actividades.