Aviso Legal – Política de Privacidade

A través desta páxina web (http://www.vigociclabel.gal/) non se recolle ningún dato persoal sen o consentimento do usuario ou usuaria. Ao visitar www.vigociclabel.gal, o usuario ou usuaria acepta e consinte as prácticas descritas nesta Política de Privacidade.

1. Introdución

Vigo Ciclábel é unha plataforma pola defensa do uso da bicicleta como medio de transporte activo en Vigo. Esta integrada por diversas asociacións como A Golpe de Pedal, Mulleres Bicivisíbeis, Conbici, Verdegaia, Ecoloxistas en Acción, ADEGA, Greenpeace, Vigo Histórico e Fridays for Future, ademáis de persoas a título individual.

Todos os datos persoais xestionados desde a web de Vigo Ciclábel atópanse debidamente tratados segundo o disposto no Regulamento Europeo de Protección de Datos. Non obstante, a plataforma non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario ou usuaria.

2. Finalidade

Os principais datos persoais manexados pola plataforma son a recollida de correos electrónicos para a incorporación destes á listaxe de difusión de Vigo Ciclábel, sempre co consentimento previo do usuario ou usuaria a través dun formulario.

Tamén recóllense cookies exclusivamente para saber o tráfico de visitas que ten a web.

3. Lexitimación

A base legal para o tratamento de datos son os artigos 6(1)(a) e 6(1)(b) do Regulamento Xeral de Protección de Datos. É dicir, a través do consentimento do ou da interesada.

4. Conservación dos datos

Os datos proporcionados conservaranse durante os prazos legalmente establecidos e mentres permaneza como usuario ou usuaria.

5. Cesión dos datos

Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista una obriga legal.

6. Dereitos da persoa interesada

O usuario ou usuaria terá dereito a acceder ao seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.

Poderá solicitar tamén a limitación ou oposición do tratamento de seus datos, neste caso unicamente conservaranse para cumprir coas obrigas legalmente establecidas.

Desde a plataforma non se realizan sobre o usuario/a decisións individuais automatizadas nin se elaboran perfís que produzan efectos xurídicos ou lle afecten significativamente de modo similar.

Para o exercicio dos seus dereitos, o usuario ou usuaria debe enviar un correo electrónico a vigociclabel@gmail.com, indicando por escrito a súa petición e achegando fotocopia do seu DNI.

No caso de que non estea conforme co tratamento de seus datos poderá dirixir as súas reclamacións ante os organismos encargados da protección de datos.

7. Confidencialidade

De conformidade co artigo 5.1 f) do Regulamento (UE) 2016/679, a entidade comprometese a tratar de forma absolutamente confidencial os seus datos de carácter persoal e a utilizalos só para as finalidades indicadas

8. Cambios na presente Política de Privacidade

Esta Política de Privacidade revísase regularmente. A plataforma resérvase o dereito de actualizala ocasionalmente mediante a publicación da versión actualizada. Recomendamos a consulta da Política de Privacidade de xeito ocasional para asegurarse de que usuario ou usuaria segue estando de acordo con ela.

9. Contacto

Se o usuario ou usuaria quere realizar unha pregunta, comentario ou solicitude con respecto a esta Política de Privacidad, deben dirixirse a vigociclabel@gmail.com

Menú