O pasado 19 de marzo, desde Vigo Ciclábel participamos na acción Bicis no tren, xa! Esta acción, levada a cabo simultáneamente nas estacións de Vigo, Vilagarcía de Arousa, Santiago e A Coruña, realizouse co fin de favorecer a intermodalidade bicicleta+tren nas estacións galegas.
Durante esta acción solicitouse a Renfe as seguintes reclamacións:
- Que Renfe busque unha solución para non limitar o número de bicis nun tren a só tres por traxecto.
- Que se permita subir bicicletas sen encartar nos trens Avant, xa que o modelo de tren que se utiliza (s121) tiña enganches de bicicletas en orixe, pero Renfe retirounos e agora ese espazo está infrautilizado.
- Que o coste por levar a bici no tren sexa gratis, independentemente do número de quilómetros que se percorran.
- Que Renfe sea consecuente coa súa campaña «TREN E BICI PARA A MOBILIDADE URBANA» e que isto se aplique aos trens de MD en Galicia, xa que non se dispón dun servizo de proximidade.
Colectivos participantes: A Golpe de Pedal, Arousa en Bici, Composcleta, Conbici, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Mobi-liza, Mulleres Bicivisíbeis, Pedaladas, Verdegaia e Vigo Ciclábel.