Mesa redonda 27M: «A mobilidade e o espazo público nas cidades post-covid»

Categoría: xornadas

Este xoves 27 de maio, ás 18:00h, terá lugar a mesa redonda «A mobilidade e o espazo público nas cidades post-covid» dentro das xornadas «Reinventando Vigo».

Este espazo de debate contará coa participación de Gemma Simon de ConBici, Sara Ortiz Escalante do Col.lectiu Punt 6, Adrián Fernández de Greenpeace e Antón Lois de Amigos da Terra Galicia.

Entre todas elas darán unha visión xeral sobre as necesidades de mudar o espazo e a mobilidade urbana, co fin de aprendermos outros xeitos de facer e de participar na planificación urbana.

Queres asistir á mesa redonda?

Podes asistir a esta mesa redonda presencialmente en Aula D (rúa Elduayen nº 36), previa inscrición mediante este formulario, ou ben telemáticamente a través da seguinte ligazón a youtube:

Etiquetas: , ,
Entradas recentes
Menú