I Curso para mulleres para aprender a andar en bici en Vigo

Categoría: Ciclodiversas

Greenpeace Galicia e Mulleres Bicivisíbeis, colectivos integrantes de Vigo Ciclábel, van comezar a impartir cursos de balde para ensinar a mulleres a montar en bicicleta e desprazarse con seguridade por Vigo.

O obxectivo destes cursos é que máis mulleres aprendan a andar en bicicleta, por canto necesitamos moitas máis persoas ciclousuarias, ademais de que está constatado de que as mulleres usan menos a bicicleta na cidade. As causas están ligadas sobre todo ao medo e a inseguridade, así como á falta de oportunidades para aprender a andar en bicicleta e manexarse entre o tráfico e a cidade.

Ademais queremos aumentar o número de mulleres ciclistas e a masa crítica que reclame máis infraestrutura ciclista en detrimento de os vehículos particulares.

Apúntaste á mobilidade activa?

O curso está dirixido a mulleres maiores de 16 anos que non saben andar en bici. Será impartido por mulleres que se prepararon previamente como formadoras e teñen prazas limitadas. Este curso ten unha duración de dous fins de semana consecutivos (venres e domingo de dúas semanas seguidas) e impártense en sesións de 2 horas no parque de Castrelos (na entrada ao museo Quiñones de León). Todas as participantes constarán dun seguro de actividade.

Para o curso precisas unha bicicleta e un casco. Nós fornecemos do resto de materiais de seguridade. Se o teu problema é que non tes bicicleta fáinolo saber neste formulario.

PRIMEIRO CURSO

>Venres 21 de maio (19h a 21h)
>Domingo 23 de maio (11h a 13h)

>Venres 28 de maio (19h a 21h)
>Domingo 30 de maio (11h a 13h)

Lugar: Parque de Castrelos, Vigo

Podes inscribirte no curso na seguinte ligazón: https://cutt.ly/6bSTI2m

Móvete connosco por un Vigo con máis mulleres ciclistas, por un Vigo cunha mobilidade máis sustentábel

Etiquetas: , ,
Entradas recentes
Menú