Súmaste ao reto de 30 días en bici?

Categoría: Campañas

Desde Vigo Ciclábel sumámonos á campaña de #30DíasEnBici e animamos a toda a cidadanía de Vigo a empregar a bicicleta nos seus desprazamentos diarios durante todo o mes de abril.

O obxectivo desta campaña é promover a bicicleta como medio de transporte activa na cidade e visibilizar, a través da propia experiencia, de todas as vantaxes individuais e colectivas que proporciona a bicicleta na mobilidade diaria.

Que é 30 días en bici?

O proxecto de 30 días en bici nace no 2013 como unha ferramenta para promover o uso cotiá da bicicleta nas cidades e vilas de todo o mundo, multiplicando así o uso deste medio de transporte a través do compromiso individual. Pretende así que o uso da bicicleta se normalice para toda persoa que queira sumarse a este compromiso de pedalear durante 30 días seguidos.

Até o momento xa hai 93 cidades comprometidas con esta iniciativa.

E ti? Úneste ao reto?

Neste mes de abril animámoste a coller a bici tódolos días para encher as rúas de Vigo de bicicletas. A pedelear!

#30DíasEnBici

Etiquetas: ,
Entradas recentes
Menú