Mulleres bicivisíbeis, colectivo integrante de Vigo Ciclábel, vén de publicar, xunto co grupo de Equidade de Conbici, esta campaña para visibilizar mulleres no ámbito do ciclismo.
Ao longo de todo o mes de marzo fíxose un repaso de mulleres referentes no mundo da bici. Como en moitos outos ámbitos, as mulleres foron invisibilizadas e silenciadas no ciclismo urbano e deportivo, mais non por iso foron de ser pioneiras. Limitáronse seus camiños, foron cuestionadas e criticadas e aínda así conseguiron éxitos. Éxitos en moitos casos roubados ou eclipsados por homes.
Aquí vai esta homenaxe para darlles as grazas por todo o que fixeron.