Desde Vigo Ciclábel queremos convidarvos á Bicicletada polo Clima que terá lugar o vindeiro xoves día 18 de marzo. Sairá ás 19:30h desde a Oliveira do paseo de Alfonso XII, e rematará na praza de Compostela. Será unha ruta curta, reivindicativa e de dificultade baixa.
Esta acción está integrada dentro da xornada de Acción Global polo Clima do día 19 de marzo, organizada en Galicia por Xuventude polo Clima e o Movemento Galego polo Clima. A intención desta bicicletada é visibilizar a necesidade de potenciar a mobilidade activa como unha ferramenta para facer fronte ao Cambio Climático, conseguindo cidades e vilas máis habitables, seguras e menos contaminantes.
Por último, lembrar que para coidarnos entre todas e todos, será necesario manter a distancia de seguridade así como o uso de máscara e xel hidroalcólico.
E ti? Anímaste a pedalear polo clima?
#PedaleaPoloClima
Vigo Ciclábel